HomesociedadeComeza a mellora do Camiño lateral ao Museo do Ferrocarril

Comeza a mellora do Camiño lateral ao Museo do Ferrocarril

As actuacións enmárcanse dentro do proxecto de obras de mellora en 13 vías de urbanas e rurais de Monforte que deu a coñecer hai unhas semanas o alcalde, e que contan cun investimento total próximo ós 300.000€ (297.800,63 €.).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Veñen de iniciarse as obras de mellora do firme doutra das rúas incluídas no plan desenvolto polo Equipo de Goberno para rúas de titularidade municipal, o Camiño lateral ó Museo do Ferrocarril. Esta vía presentaba un firme que aconsellaba unha actuación completa de renovación do mesmo, sendo necesario proceder ao fresado dos entronques iniciais e finais da vía, previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente.

Esta renovación completa do pavimento deste Camiño, nun total de 367 metros lineais, conta cun orzamento de 23.831,89 €.

O rexedor monfortino resalta que “isto supón a continuidade do desenvolvemento dun ambicioso programa de melloras de infraestruturas urbanas e da rede viaria da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas, non esquecemos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos.”

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...