HomesociedadePor Chantada demanda velar pola diversidade e a seguridade nas atraccións das...

Por Chantada demanda velar pola diversidade e a seguridade nas atraccións das festas

Desde Por Chantada aseguran que en eventos anteriores houbo elevadas emisións de decibelios na rúa Taboada ata altas horas da madrugada. Coa residencia de maiores nesta ubicación, amosan a súa preocupación polos trastornos que se provoca ás persoas usuarias e traballadoras do centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada lembra que a regulación sobre as atraccións esixe que se verifique oportunamente o cumprimento por parte de todas as atraccións de feira que se instalen durante as festas patronais, dos requisitos de seguridade, técnicos e de funcionamento legalmente previstos. Outro dos artigos prohibe o uso de imaxes sexistas, cuestión que aseguran, non se cumpriu nas atraccións da Feira do Viño.

Solicitan tamén, que unha vez ao ano e tal como se fai noutros concellos, as festas de Chantada teñan unha hora ao día de atraccións sen música nin luces, para facilitar que poidan ser desfrutadas por persoas diagnosticadas de TEA (trastorno espectro autista) e, en xeral, con calquera tipo de hipersensibilidade sensorial, e máis polas súas familias.

Así solicitan que se verifique oportunamente o cumprimento da normativa por parte de todas as atraccións de feira en canto a seguridade e imaxes sexistas; que durante todos os días das festas patronais haxa, como mínimo, unha hora ao día de atraccións sen música nin luces e que se teña en conta na localización das atraccións, orquestras ou calquera outro potencial emisor de ruído o direito ao descanso da viciñanza e, nomeadamente, a situación da residencia de maiores de Chantada.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...