HomesociedadeO CCU de Monforte anima o final de agosto cunha Gymkhana e...

O CCU de Monforte anima o final de agosto cunha Gymkhana e un Barco Pirata

O comercio asociado monfortino organiza entre os días 25 e 27 de agosto dúas actividades espectaculares para a rapazada. Mercar nos locais adheridos dará a posibilidade de adquirir entradas.

Publicado o

- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano (CCU) trae por segunda vez a Monforte de Lemos dúas actividades que farán gozar á xente máis aventureira do lugar: unha Gymkhana de 70 metros de longa e un Barco Pirata. Aínda que están pensadas para a rapazada, no caso da Gymkhana poderán participar maiores e a súa localización será na Praza da Compañía, os días 25, 26 e 27 de agosto.

A GYMKHANA DO CCU

Esta atracción ten 70 metros de inchable con 7 obstáculos diferentes: tobogán caída libre, habilidade, reptar, dificultade, escalada con tobogán, whipeout e mini rocódromo. Está indicada para persoas a partires de 5 anos e tendo cumprida esta idade dependendo da constitución física do neno valorarase polos monitores se pode acceder ou non a esta actividade.

BARCO PIRATA 

Os máis e as máis peques que por idade/constitución non poidan entrar á Gymkhana, poderán divertirse neste espectacular barco pirata inchable. A partir de 3 anos mínimo de idade para poder acceder.

COMO CONSEGUIR UNHA ENTRADA

Os clientes do Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte poden acceder por 1€ presentando unha entrada da actividade. Para conseguir estas entradas da actividade é necesario facer un gasto de polo menos 9 euros nalgún dos establecementos asociados ao CCU.

Cada negocio contará con 50 entradas como máximo que dan dereito a participar das actividades. Se pola contra non se conta con esas entradas, o acceso terá un custe de 15 euros.

Dende a organización lembran que tamén se poden conseguir algunhas entradas a través das redes sociais, con sorteos que se farán estes días. Ollo, logo, aos perfís de Facebook, Twitter e Instagram do CCU de Monforte.

Un momento da actividade no 2022. Foto: CCU Monforte.

Actividades cofinanciadas pola Xunta de Galicia e que contan coa colaboración do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...