HomesociedadeOs días 2 e 3 de setembro, O Saviñao celebra a súa...

Os días 2 e 3 de setembro, O Saviñao celebra a súa Festa da Vendima

Os días 2 e 3 de setembro, O Saviñao acollerá a 2ª edición da “Festa da Vendima do Saviñao", unha proposta cun amplo programa de actividades que xiran en torno ós labores típicos da vendima, o viño, a gastronomía e o folclore.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita terá lugar no entorno natural da Devesa, onde se ofrecerá aos visitantes a posibilidade de coñecer os viños das ribeiras do Miño, da súa gastronomía, da súa artesanía e das súas tradicións. Así participan as adegas: Adegas Moure, Pilares de Belesar, S.A.T. Virxe Dos Remedios e Galanteiro. Nos postos de artesanía contarase con Coiro e metal, Artesanía en madeira, Xoiería, Olería de Gundivós ou Atrapasoños. E nos de gastronomía: Embutidos, Queixos, Doces, galletas, obleas…, Empanadas, Pan artesán, Mel, Tapas e Food Truck.

Momento da edición no 2022 no que se ía facer un pisado de uvas. Foto: Tic Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.

PROGRAMACIÓN

Día 2 de setembro:

  • 10:00 – BacoRuta “Vendima, historia e o río Miño”
  • 11:00 – Apertura da Festa da Vendima
  • 11:30 – Actuación do BMT Suevia
  • 12:00 – Inauguración da “II Festa da Vendima do Saviñao 2023″
  • 12:30 – Obradoiro de Cata de Uvas e Viño
  • 14:00 – Obradoiro de cociña en vivo de Ternera Gallega Suprema
  • 15:30 – Actuación BMT Suevia
  • 17:30 – Obradoiro de animación dirixida” xogos a rabiar!
  • A partir das 19:30 – Actuacións musicais de Rocío Caamaño, Hevia e Gin Toni´s
  • 01:00 Peche de stands

Día 3 de setembro:

  • 11:00 – Apertura de stands
  • 11:30 – Actuación do Grupo de gaitas Os Tarabelos do Saviñao
  • 12:00 – Presentación actos e pregón
  • 12:15 – Actuación de Sara Méndez e Aldara Pérez
  • 12:30 – Bendición das uvas e dos campos e pisa oficial
  • 13:00 – Nomeamento de “Damas e Cabaleiros da Orde da Mencía”
  • 17:00 – Obradoiro de xogos e xoguetes tradicionais
  • A partir das 17:30 – Actuacións musicais de Charanga Louband e Grupo América de Vigo
  • 00:00 Peche de stands
Charanga Louband. Foto cedida.

A BacoRuta coa que se abre a festa achegará aos particpantes aos viñedos a beiras do río Miño situados en fortes pendentes. Unha experiencia única para sentir a “viticultura heroica”. Nas dúas xornadas contarase en horario de 11:00 a 14:00 – 17:00 a 20:00 con Obradoiro de torno oleiro. O Ecomuseo Arxeriz trasladará para vestir a festa unha parte dos seus fondos á Devesa de Escairón.


ÚLTIMAS

L∃EMOS, novo selo de Agrasar Editores que abre a porta a xéneros e voces universais

Desde a súa fundación, Agrasar Editores, foi un piar na preservación e promoción da...

Horario do bus urbano de Monforte os días 5 e 9 de decembro

O Concello de Monforte informa que a empresa de transportes concesionaria do servizo do...

O xulgado arquiva a denuncia por violación grupal nun pub de Sarria

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria decretou...

Este 6 de decembro celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

Todos os grupos pasarán ao longo do serán polos seis bares do municipio: Avenida,...