Homesociedade400 participantes no II Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, que...

400 participantes no II Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, que se celebra o 2 de setembro

O Concello de Monforte acolle este sábado, 2 de setembro, unha completa xornada adicada á arte de palillar, baixo o nome de “II Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A segunda edición desta mostra, que o ano pasado supuxo todo un éxito tanto de participación de palilleiras como de público asistente, celebrarase en diversas carpas de grandes dimensións e haimas ubicadas na Explanada da Compañía, coa asistencia de 400 palilleiras provintes de toda Galicia e Madrid, e integradas en 30 grupos asociativos.

O encontro abrirá as súas portas a partir das 10:30 h e ata as 19:00 h. Será inaugurado polo Alcalde, José Tomé Roca, ás 12:00 h. A continuación, terá lugar a actuación do Grupo de Gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte, e a entrega dun agasallo institucional ás mestras palilleiras presentes na mostra, que este ano son 33.

Ademais dos postos destinados ás 400 palilleiras que acudirán a este encontro, tamén se contará cunha zona específica destinada á venta exclusiva de produtos que se poidan utilizar na arte de palillar, conformada por diversas tendas especializadas.

Este II Encontro de Palilleiras en Monforte é posible gracias ó traballo conxunto desenvolto polo Concello monfortino e pola Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, e o obxectivo é amosar e por en valor a arte de palillar. Neste proxecto, traballouse dende o ano 2020, ano no que estaba ultimada a súa celebración que finalmente non foi posible celebrar pola incidencia da pandemia que obrigou a postpoñelo ata o pasado ano 2022, e que ten continuidade no programa do Verán Cultural do Concello deste ano 2023

As localidades galegas de procedencia das palilleiras protagonistas deste encontro son Arteixo, Vigo, Lugo, Ourense, Boiro, Betanzos, Oleiros, A Coruña, Sarria, Silleda, Valga, Cambados, Vilanova de Arousa, Viveiro, Burela, Xove, Redondela, Vimianzo ou Camariñas, así como de Monforte de Lemos. Tamén virán palilleiras provintes de Madrid.

Programa do Encontro

  • 10:30 h.- Recepción das palilleiras
  • 11:00-14:00 h.- Palillada
  • 12:00 h.- Inauguración da xuntanza de palilleiras a cargo do Sr. Alcalde de Monforte. A continuación, actuación do Grupo de Gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte, e entrega de agasallos institucionais ás mestras palilleiras.
  • 14:00 h.- Xantar
  • 16:30 h.- Palillada
  • 17:00 h.- Sorteo de agasallos
  • 19:00 h.- Despedida

ÚLTIMAS

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...

Búscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para o primeiro...