HomesociedadeXa se pode reservar o Viñobús Vendima para coñecer a viticultura heroica

Xa se pode reservar o Viñobús Vendima para coñecer a viticultura heroica

O Viñobús Vendima funcionará na terceira e cuarta fin de semana de setembro. Trátase dunha iniciativa financiada con cargo ao Convenio de Colaboración asinado entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta do Viñobús Vendima é semellante á de edicións anteriores, pretende que as persoas que se acheguen á Ribeira Sacra teñan a oportunidade de practicar a viticultura heroica. Deste xeito, reprodúcese o que sería un día de vendima tradicional nas pronunciadas ladeiras da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Comézase a xornada cunha breve introdución e paseo polo viñedo, acompañados dos propios colleiteiros, que ensinarán as particularidades do chan e das uvas a colleitar. A experiencia continúa coa organización de traballos e aparellos necesarios para levar á viña, recollida e carretaxe da uva e, posteriormente, os que se animen, poderán pisar os acios como se facía antigamente.

Os participantes tamén terán a oportunidade de realizar unha cata de uvas, mostos e viños, e terán un pequeno tentempé ao rematar, tal e como se fai nunha xornada habitual de vendima. A actividade diríxese a todas as idades e a súa duración é dunha media xornada estendida; inclúe o transporte en microbús, guía especializado en enoturismo e todas as actividades en viñedo e adega. Todos os que participen do pisado tradicional da uva, poderán recibir nos seus domicilios unha botella de viño cando éste estea listo para a súa degustación.

Máis información e reservas a través deste enlace. Datas 2023: 16, 17, 23 e 24 de setembro.

Viñobús vendima / Consorcio de Turismo

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...