HomesociedadeA Romaría dos Remedios en Sarria celebrarase colaborando concello e a veciñanza...

A Romaría dos Remedios en Sarria celebrarase colaborando concello e a veciñanza de Cesar

Nunha reunión na que estiveron presentes o alcalde, Claudio Garrido, e os concelleiros Félix Seijas, Geni Valcárcel e César No, acordouse conformar unha comisión de festas presidida polo pedáneo da parroquia, José Manuel Vilariño Somoza, e que integrará tamén a representantes dos lugares de Arxevide e Pape.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acordo de colaboración alcanzado polo goberno municipal e unha representación veciñal da parroquia de San Salvador de Cesar garante a celebración da tradicional Romaría dos Remedios o vindeiro día 8 de setembro.

En coordinación co concello, a comisión comezou a traballar na elaboración do programa de actividades, que se anunciará nos próximos días. Ao mesmo tempo, desde o goberno local incidirase a través das redes sociais na concienciación e sensibilización cidadá sobre o respecto e coidado do medio ambiente para que todos os asistentes que celebren comidas e merendas campestres deixen as fincas completamente limpas e sen lixo.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...