HomesociedadeQueima das Fachas de Castelo, no concello de Taboada, o 7 de...

Queima das Fachas de Castelo, no concello de Taboada, o 7 de setembro

A Asociación Cultural As Fachas revitalizou e mantén viva esta festa tradicional con lume na que participan boa parte das casas da parroquia, que se encargan de facer as fachas cun pé de madeira e agucios. A Queima das Fachas, ao redor dunha trintena, faise no castro de Castelo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns presentouse unha nova edición da Queima das Fachas de Castelo, no concello de Taboada, que se celebra na noite do 7 ao 8 de setembro coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega 3.000€ a través da área de cultura.

No acto participaron o presidente da asociación, Manuel Fidalgo, o alcalde de Taboada, Roi Rigueira, o concelleiro de Cultura de Taboada, Manuel Diéguez, deputada de Cultura, Iria Castro e Paloma Vázquez, xefa provincial de turismo en Lugo.

A xornada do xoves comezará coa colocación das fachas no alto da castro desde as primeiras horas da mañá. Na xornada de tarde, no local social de Castelo realizarase un taller de construción de fachas. A partir das 21.00 horas, celebrarase a cea popular previa ao acendido das fachas, que comezará as 23.30 horas.

A Queima das Fachas de Castelo, declarada Ben de Interese Turístico e Festa de Interese Turístico, é unha das tres festas do lume que se conservan en Galicia, xunto a de Vilelos, no Saviñao, e a de Castro Caldelas. A Asociación Cultural As Fachas participa en xornadas e outras iniciativas de difusión e estudos das festas do lume na Península.

Iria Castro remarcou “a implicación da veciñanza para dar continuidade a esta tradición e manter o patrimonio inmaterial e material que conforman a nosa identidade”.

Festa das Fachas presentación 2023 / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...