- Advertisement -
Aberto ata o día 9 de novembro ás 14:00 horas o prazo para solicitar a participación no “Mercado de Outono” que se celebrará os días 17 e 18 de novembro na Praza de Abastos de Monforte.
Neste evento participarán 16 casetas de produtores e comerciantes de produtos de tempada de outono como; cogomelos, castañas, noces, marmelos, froitos do bosque, etc e tamén aqueles produtos elaborados polos propios produtores.
O horario de apertura dos postos de venda son: o sábado 17 de novembro de 10:00 horas a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas e o domingo 18 desde as 11:00 ás 14:00 horas.
Os interesados/as en participar deberán presentar o modelo normalizado da solicitude “Anexo I” xunto coa documentación mecionada nas bases, no rexistro do concello de Monforte ou dirixirse á Axente de empledo e desenvolvemento local do concello de Monforte nas Casiñas da Compañía.
As prazas adxudicadas publicaranse o día 13 de novembro no taboleiro de anuncios do concello de Monforte e na páxina web: www.concellodemonforte.com