HomesociedadeMonforte contratará a 3 traballadores co Aprol rural

Monforte contratará a 3 traballadores co Aprol rural

O PP de Monforte pon en valor a concesión do Aprol rural ao Concello o que facilitará a contratación de tres traballadores co obxectivo de fomentar o emprego no rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, pon en valor que a concesión desta subvención facilitará a incorporación de tres persoas ao mercado laboral en Monforte. Segundo se recolle na resolución, estes traballadores poderán incorporarse de inmediato ao mercado laboral, ademais de realizar traballos “fundamentais” para poñer en valor o medio rural. “Estas persoas desenvolverán traballos de silvicultura, biomasa, limpeza de montes ou outras tarefas de valorización forestal no medio natural no termo no municipal do Concello de Monforte de Lemos”, explicou.

Ademais, Katy Varela pon en valor a colaboración da Xunta co Concello de Monforte de Lemos, aproveitando para instar a José Tomé “a seguir abrindo vías de colaboración co goberno autonómico xa que sempre están dispostos a colaborar para mellorar a calidade de vida dos monfortinos”.

Neste senso, pide ao alcalde que o Concello solicite á Xunta axuda para a creación de prazas de gardaría “e así tentar poñer solución a un grave problema que temos en Monforte”.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...