HomesociedadeCortes no subministro de auga do centro de Monforte o día 8...

Cortes no subministro de auga do centro de Monforte o día 8 de setembro

Os cortes no abastecemento comezarán ás 9:00 da mañá e manteranse mentres dure o desenvolvemento das obras, que se prevé rematen arredor das 13:00 h

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte informa de que este venres, 8 de setembro, levará a cabo obras de mellora na rede de abastecemento de auga na rúa Roberto Baamonde, concretamente na acometida de abastecemento municipal ubicada á altura do nº 1.

A tal efecto, estas obras de mellora suporán que se leven a cabo cortes dende as 9:00 horas no
subministro de auga que afectarán á propia rúa Roberto Baamonde, dende a rotonda de
Correos ata o cruce con Inés de Castro, na Avenida de Galicia dende a parada de taxis ata os
Xulgados, a rúa Cardenal dende a rotonda de Correos ata o cruce coa Avenida de Galicia, e a
rúa Conde dende Correos ata a Avenida de Galicia.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...