HomesociedadeAlbores e a Saúde Mental: 10 de setembro, Día Mundial para a...

Albores e a Saúde Mental: 10 de setembro, Día Mundial para a Prevención do Suicidio

Tendo en conta que este domingo, 10 de setembro, conmemórase o Día Mundial para a Prevención do Suicidio, a asociación Albores Saúde Mental quere lembrar que actualmente constitúe a primeira causa de morte en mozas e a primeira causa de morte non natural na poboación xeral, moi por encima dos accidentes de tráfico. Ademais, Lugo é a provincia con maior número de suicidios no país

Publicado o

POR
Albores Saúde Mental
- Advertisement -

Albores Saúde Mental está a levar a cabo un Programa de Acompañamento Integral para a Prevención do Suicidio, que foi financiado pola Consellería de Sanidade e o Ministerio de Sanidade con cargo aos fondos que foron aprobados no CISNS de data do 23 de xuño de 2023 como apoio á implantación do Plan de Acción de Saúde Mental.

O programa é gratuíto e está dirixido a persoas que estean en risco de suicidio, que teñan problemas de saúde mental, maiores de 16 anos e residentes nalgunha das 12 localidades do sur de Lugo, así como aos seus familiares. Calquera persoa que necesite axuda ou queira obter máis información pode contactar coa asociación Albores no correo electrónico albores@albores.org ou no teléfono 982 404 968.

O equipo de profesionais está formado por dúas psicólogas, unha terapeuta ocupacional, unha educadora social, unha traballadora social, unha asesora xurídica e dous auxiliares de enfermería. O seu obxectivo é contribuír á prevención dunha problemática que vai en aumento, que está invisibilizada e á que é urxente dar resposta. Por iso incorpóranse accións de promoción da saúde mental, a saúde física e as relacións afectivas e familiares saudables, así como a redución do impacto das problemáticas económicas e xurídicas, entre outras.

Asociación Albores Saúde Mental

No ano 1999 fundouse Albores coa intención de dar cobertura ás necesidades das persoas con enfermidade mental e as súas familias. Despois de 20 anos de experiencia, Albores Saúde Mental é a asociación de referencia dos municipios da zona sur de Lugo na promoción da saúde integral das persoas con enfermidades mentais, así como na mellora da súa calidade de vida, a das súas familias e a da comunidade. Para achegarse a esta finalidade, a Asociación realiza actividades de prevención, tratamento e rehabilitación no ámbito da saúde mental.

Así, no ano 2001 púxose en marcha un Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL) en Monforte de Lemos que foi seguido pola apertura dun piso protexido con 4 prazas, e para ampliar a cobertura das necesidades deste colectivo e tendo en conta a ruralidade e dispersión xeográfica da zona Sur de Lugo abriuse en 2010 un novo CRPL en Chantada. Actualmente conta ademais con Servizo de Axuda a Domicilio, Servizo de comedor, Centro de día en horario de tarde, Programa de respiro e de lecer, Programa de familias, Programa de emprego e autoemprego, Programa de información orientación e asesoramento, Programa de prevención e sensibilización social, Programa de voluntariado e Servizo de roupeiro.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...