HomesociedadeSarria comeza as xestións para converter a Feculera no Espazo Sociocultural Familia...

Sarria comeza as xestións para converter a Feculera no Espazo Sociocultural Familia José Vento

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, valora moi positivamente a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Lugo que ratifica que a adquisición da Feculera por parte do concello realizouse “acorde co ordenamento xurídico”. Avanzou Garrido que en próximas datas activará diferentes xestións para encauzar un proxecto que permita converter esa antiga infraestrutura empresarial no Espazo Sociocultural “Familia José Vento”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alclade considera que a sentenza é “completamente clara e rotunda e desbarata todos os argumentos alegados polos concelleiros do Grupo Municipal do PP, ata o punto de que lle impón as costas do proceso”. Por este motivo, o alcalde invita aos populares “a pasar páxina, a renunciar á presentación do recurso de apelación e a sumarse a un proceso en positivo para conseguir fondos doutras administracións que permitan custear un ambicioso proxecto de reforma das instalacións da Feculera”.

Segundo o rexedor, a previsión é traballar en paralelo na elaboración dunha memoria que defina os aspectos técnicos da rehabilitación arquitectónica e os novos espazos e usos e, por outra parte, “tratar de sumar esforzos entre todas as forzas políticas de Sarria para conseguir os fondos necesarios”.

“O lóxico sería alcanzar un compromiso a tres bandas entre o Concello de Sarria, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia para dotar ao pobo de Sarria dunha infraestrutura sociocultural acorde ás necesidades actuais e futuras”, indicou Garrido, ao mesmo tempo que subliñou que o proxecto do Centro Sociocultural “Familia José Vento” sería “fundamental para impulsar a revitalización da contorna da Estación”.

“Máis aló das discrepancias políticas que poida haber noutros temas, creo que o proxecto da Feculera é unha iniciativa na que tanto o PP, como o PSOE e o BNG teñen que implicarse e aproveitar as súas conexións coa Deputación e a Xunta en beneficio de Sarria. A veciñanza non entendería que non fose así”, opinou Claudio Garrido

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...