HomesociedadeEste 13 de setembro abre o prazo de inscrición para as Escolas...

Este 13 de setembro abre o prazo de inscrición para as Escolas Municipais de Música e Danza de Monforte

Este mércores, 13 de setembro, abre o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza de dito Concello para o curso 2023/24. As clases darán comezo o luns día 18 de setembro de 2023 e rematarán o venres día 14 de xuño de 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tanto para música como para danza as inscricións deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas.  Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no seguinte enlace, no apartado “Meus trámites”:

Especialidades musicais ofertadas:

As especialidades que se ofertan en música a partir dos 6 anos (agás música e movemento):

  • Música e Movemento: nenos entre 4 e 5 anos.
  • Percusión: batería e percusión.
  • Percusión galega: pandeireta, tamboril, bombo e pandeiro.
  • Teclado
  • Acordeón
  • Violín
  • Guitarra española e Guitarra eléctrica
  • Gaita, Clarinete e Frauta traveseira
  • Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Bombardino e Tuba.

En música, a ensinanza instrumental completarase con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.

Especialidades ofertadas en danza:

  • Danza tradicional galega: a partir de 5 anos.
  • Danza contemporánea / moderna: a partir de 9 anos.
  • Ballet clásico: a partir de 5 anos.

As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión…, atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe. Levarase a cabo unha orientación, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen. Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...