O proxecto tamén inclúe toda a dotación de servizos, a colocación de 3 árbores a cada lado, cos correspondentes alcorques, e dous bancos a cada lado. Aactuación de mellora desenvolverase nun total de 68 metros lineais, e conta cun orzamento de 135.845,37 € ive engadido, de financiación 100% municipal.
A travesía sobre a que se actúa está situada nunha zona próxima ó centro da cidade e na actualidade é unha rúa sen pavimentar e que se utiliza de acceso para varias vivendas unifamiliares, así como para os garaxes dun edificio situado na esquina coa rúa Celso Emilio Ferreiro. Ademais, nela aparcan normalmente numerosos vehículos.
O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o martes día 10 de outubro ás 14.00 h. A mesa para a apertura do sobre técnico terá lugar na Sala de Xuntas do Concello o luns 16 de outubro ás 10:45 horas, e a apertura da oferta económica terá lugar o luns 23 de outubro ás 10:30 horas. O prazo de execución da obra, unha vez adxudicada e asinada a acta de replanteo, será de 3 meses.
Os criterios de adxudicación que serán valorados para a elección da proposta máis vantaxosa serán:
- Oferta Económica, que suporá o 40% da puntuación total.
- A Memoria Técnica, tamén un 40% do total.
- E a ampliación do prazo de garantía, un 20% do total.
Na presentación do proxecto, José Tomé aclarou que o Concello pode acometer esta urbanización porque non se ve afectada polo plano de modificación das normas subsidiarias de planeamento, aprobadas polo Concello no ano 2000, na denominada Zona B, que afecta a diversas zonas por detrás da oficina de Correos, ata a rúa Sarria e desde esta ata Celso Emilio Ferreiro, chegando ata a vía.
“Con este proxecto de mellora da Travesía da rúa Celso Emilio Ferreiro, urbanizaremos unha zona importante dentro do casco urbano da cidade, humanizándoa e dotándoa de todos os servizos, incluídas dúas zona de aparcamento, que darán servizo ós seus veciños, e suporá unha mellora moi sensible para eles” explicou o Alcalde.
“Por parte do Concello”, concluíu o rexedor monfortino, “imos seguir traballando para levar a cabo actuacións de melloras moi relevantes para as infraestruturas desta cidade, algo que veño facendo desde o inicio do meu primeiro mandato en 2015, e que sigo incluíndo na miña folla de ruta de acción de goberno ata hoxe”.