HomesociedadeCase un millón e medio de quilos vendimados na D.O. Ribeira Sacra...

Case un millón e medio de quilos vendimados na D.O. Ribeira Sacra despois de comezar onte oficialmente a vendima

Das 95 adegas que esperan vendimar ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 64 están vendimando, 26 adegas estarían pendentes de comezar os traballos de recollida de uva e 5 xa finalizaron.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima este 14 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades nos últimos días de agosto. Tras o primeiro día oficial de vendima entraron en adega 1.453.200 quilos de uva, dos que a maioría corresponden a Mencía, 722.971 quilos. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 722.971 quilos
  • Merenzao 25.758 quilos
  • Garnacha 19.901 quilos
  • Brancellao 19.609 quilos
  • Caíno tinto 11.662 quilos
  • Tempranillo 3.283 quilos
  • Sousón 2.743 quilos
  • Mouratón 406 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 543.352 quilos
  • Albariño 48.487 quilos
  • Treixadura 43.216 quilos
  • Loureira 4.495 quilos
  • Dona Branca 4.315 quilos
  • Blanco Lexítimo 1.978 quilos
  • Torrontés 1.024 quilos

Os viticultores rexistrados para esta vendima son 1.971 e as hectáreas rexistradas 1.307. A uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...