Os 200 pensionistas socios do local social El Enjambre xa teñen novo sistema de aire acondicionado para non se sufocar durante o verán. Foi grazas a unha axuda da Deputación de Lugo que chega ando se fai o XII aniversario desta entidade.
Precisamente, para celebrar esta data o colectivo realizou un acto esta fin de semana no que estiveron os deputados ¡de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos e a deputada de Cultura, Pilar Porto, con motivo das melloras realizadas no local da asociación grazas á partida económica de 14.000 euros da Deputación co fin de dotar ao local de un sistema de refrixeración e aire acondicionado en beneficio de todos os integrantes.
Durante o acto de commemoración inaugurouse esta nova instalación que os socios levaban moito tempo demandando, sobre todo, nos meses de verán debido as altas temperaturas que se poden acadar na vila na época estival.
historia da asociación
Os pensionistas de Chantada e de nucleos rurais cercanos á vila formaron no ano 1996 unha asociación denominada “El Enjambre”. Actualmente é unha das agrupacións máis activas da provincia por desenvolver actividades diarias como xinmasia de mantemento, informática e novas tecnoloxías, baile, canto e comidas de confraternización, obradoiro e outras moitas máis actividades.