HomesociedadeFeira de Artesanía e produtos locais en Triacastela

Feira de Artesanía e produtos locais en Triacastela

Será o vindeiro 23 de setembro e dentro da programación inclúese unha visita guiada, unha concentración de motos e cantos de taberna.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Feira de Artesanía e Produtos da Zona que organiza o Concello de Triacastela chega á súa XI edición este sábado 23 de setembro.

A xornada comezará ás 11:00 h. coa apertura de postos de artesanía, hora na que tamén se fará a presentación do Centro de Interpretación ‘Ferrería da Ponte’ e un paseo guiado polo coñecido Guido Guía que sairá dende a Praza do Concello e dará a coñecer a ‘Triacastela Xacobea’.

A mostra de artesanía contempla tamén a posibilidade de gozar de obradoiros temáticos. Así, entre as 11:00 e as 15:00 h., haberá unha demostración de cestería na carpa diante do Concello; entre as 11:00 e as 19:00 h. haberá unha demostración do ferreiro Fritz na Ferrería da Ponte; e nese mesmo horario outro obradoiro de estampación a cargo de Amorote tamén na carpa.

Ás 12:15 h. procederase á sinatura do protocolo de irmandamento entre o Concello de Triacastela e a Freguesía de San Pedro de Rates; e ás 12:30 h. está programada a inauguración dunha exposición pictórica. Será na Fonte do Lunar e leva por título “Catro médicos pintores seguimos polo camiño”.

A xornada matinal rematará co pregón, ás 13:30 h., a cargo de Paulo Sá Machado, asesor para a Cultura da Junta de Freguesía de San Pedro de Rates, e coa chegada da concentración de motos organizada polo Motoclub Os Mouchos.

CANTOS DE TABERNA

A xornada rematará pola tarde-noite con ‘Cantos de Taberna’. Varios grupos de música tradicional percorrerán os locais de hostalería de Triacastela para crear un ambiente ideal de fin de festa.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...