HomesociedadeA Pobra do Brollón comeza a beber e reducirá a factura de...

A Pobra do Brollón comeza a beber e reducirá a factura de auga proporcionamente á falta de servizo

No próximo pleno, o equipo de goberno vai propoñer unha redución na factura da auga municipal proporcional aos días que a veciñanza estivo sen o servizo. "É unha medida que estivemos valorando antes de que dende a oposición se reclamase e agora realizados os trámites administrativos correspondentes, poderemos facela real", asegura o alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A semana pasada dende o concello da Pobra do Brollón recomendaron non consumir a auga da billa en case unha vintena de parroquias e lugares do municipio. O día 19 o servizo de auga da zona de Barxa de Lor quedou restablecido, polo que xa se pode consumir sen risco, segundo comunicou o concello a través dun bando.

O concello informa que desde este mércores tamén se normalizará a situación no resto do municipio ao levantar as restricións na zona de Loureiro, “porque as analíticas xa están dando os parámetros óptimos para a potabilidade”, Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón.

O problema é consecuencia das choivas torrenciais da semana pasada, que causaron arrastres do monte, deteriorado polos incendios do ano pasado e as talas de madeira, afectando aos ríos que abastecen á Pobra do Brollón de auga. Ao parar a intensidade das choivas, remite o problema da auga. Desde o concello aseguran que traballan para buscar solucións a medio e longo prazo. O vindeiro luns, dende a empresa Lincold Ibérica farán unha visita para analizar a rede de abastecemento e propoñer posibles melloras. “A rede do concello, que herdamos de gobernos anteriores, precisa melloras estruturais complexas e custosas. Esforzarémonos en facilitalas implicando a outras institucións para evitar na medida do posible que se reproduza esta situación, da que o concello e a súa veciñanza somos vítimas,’ declara o rexedor da Pobra.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...