HomesociedadeO Incio oferta cursos de música e baile tradicionais

O Incio oferta cursos de música e baile tradicionais

Hai de prazo ata o 1 de outubro e darán as clases Daniel Fernández e Yolanda Álvarez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio oferta aulas de música e baile tradicional para pequenos/as e para maiores tendo como prazo máximo para inscribirse o 1 de outubro. As clases comezarán o día 7 dese mesmo mes.

No que respecta a modalidades e horarios e profesorado, aparte de música tradicional correrá a cargo de Daniel Fernández e as clases serán os sábados. As disciplinas que se impartirán entre as 16:15, 17:15, 18:00 e 19:30 h. son gaita e percusión, música e movemento, e acordeón. Na parte de baile, a cargo de Yolanda Álvarez, as aulas serán tamén os sábados en horario de 17:00 h. para adultos e de 18:00 h. para o alumnado de 3 a 12 anos.

O prezo por matricularse é de 10 € por actividade e mes podendo formalizar a inscrición na Casa do Concello (teléfono 982 427014).

PROFESORADO

Daniel Fernández López posúe o Grao Profesional de Música na especialidade de Gaita, o Grao Superior, de Música na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular e o Máster Universitario en Profesorado.

É gaiteiro de Cántigas e Frores, das pandereteiras As Lagharteiras e do cuarteto Os Picurruchos e acordeonista do grupo Os Minhotos. Ten sido recoñecido como intérprete con máis dunha ducia de premios e conta con 13 anos de experiencia laboral no ensino musical.

Yolanda Álvarez Castro formouse dende os tres anos nun amplo abano de estilos de baile, combinando a aprendizaxe en escolas privadas co conservatorio de danza. Neste lugar acadou a formación en danza clásica, danza contemporánea, danza española e danza tradicional galega. Conta con máis de 25 anos de experiencia como bailarina e 15 como mestra.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...