HomesociedadeAberto o prazo das axudas para estudantes de Quiroga que estudan fóra...

Aberto o prazo das axudas para estudantes de Quiroga que estudan fóra do concello

O prazo abriuse este 21 de setembro e os estudantes teñen de prazo 20 días hábiles para solicitar as axudas. Poden presentar a solicitude telematicamente a través do impreso que poden descargar na sede electrónica do Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Quiroga abriu o prazo para solicitar as axudas anuais que se conceden aos estudantes menores de 25 anos, dependentes economicamente, que cursan ensinanzas superiores fóra do termo municipal de Quiroga.

Son gastos subvencionables a matrícula educativa, a compra de libros de texto ou material escolar, o alugueiro de vivendas ou os gastos de transporte, sempre que figuren a nome do estudante que solicita a achega económica.

A solicitude deberá ir acompañada dunha fotocopia do DNI e do certificado de matrícula expedido polo centro educativo ou resgardo de ter pagada a matrícula. As contías que poderán percibir os solicitantes que cumpran os requisitos irán en función do número de solicitantes, entre os que se repartirá o orzamento consignado na partida para este fin. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes comunicarase aos interesados a concesión da axuda que terán que xustificar mediante a presentación de facturas ou recibos que xustifiquen o gasto para o que se solicita a subvención.

ÚLTIMAS

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...