HomesociedadeCompartindo experiencias inspiradoras de emprendemento feminino

Compartindo experiencias inspiradoras de emprendemento feminino

Unha Xornada de Mulleres Emprendedoras, dentro do proxecto "O Courel Destino e Futuro Vital", evidenciou boas iniciativas e reivindicou máis visibilidade da muller, máis servizos para o rural e unha aposta máis decidida das administracións públicas. O encontro experiencial e divulgativo tivo lugar o pasado 22 de setembro no Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada sobre mulleres emprendedoras foi presentado e moderado por Mar Castro e na presentación estivo o alcalde o Concello de Quiroga, José Luis Rivera Castro. Asistiron como relatores, Noemí Rodríguez (Himikode), Isabelle Gómez (Traloagro), Ariana Fernández (Cosméticas Orixe), Chelo López (Gandería Quintián), Isabel Álvarez (DOMI arquitectura&deseño), Vanesa Rivas (Festigaleiros), Cecilia Fernandez (Enóloga e asesora), Maira López (Casa Pepe) e Cris Bamio (Artista Visual). Todas estas magníficas emprendedoras compartiron a súa experiencia e saber facer, sendo conscientes da importancia da colaboración e do apoio que xorde, de maneira natural e forte, entre a rede de mulleres empresarias que chega para quedar.

Representando a organismos públicos estiveron Pomba Vázquez (Xefa da área Provincial de Turismo), Pilar Fernández (Xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade), Patricia Fernández (Directora da área de Servizos de GAIN), Rafael Rabade (Técnico Superior de IGAPE Lugo) e Jose Luís Feijoo (Delegado provincial de AFIGAL Lugo).

Intervención do alcalde de Quiroga, José Luis Rivera. Foto: O Courel, destino e futuro vital.

ACHEGAS, EXPERIENCIAS E CONCLUSIÓNS

Nas súas achegas destacáronse as axudas, subvencións, avais e bonificacións existentes que apoian a quen emprende ou xa ten un negocio en marcha entendendo que o financiamento está no punto angular para conseguir manterse e obter éxito. Destacar que, durante estas interesantísimas xornadas, moi participativas e integradoras, evidenciouse o estancamento que se está producindo na Comarca do Courel por non existir unha substitución xeracional potente que conserve, consolide e amplifique os emprendementos dos seus antecesores.

En clave feminina tamén se puxo enriba da mesa a falta de visibilidade da muller emprendedora rural. Nese senso coincidiuse en que esta require de maior empoderamento, confianza e presenza dado que, grazas a ela, están a perpetuarse costumes e bo facer das avoas/nais que, coa súa paciencia e humildade, teceron a vida das zonas rurais.

Como conclusión, quedou evidenciado o potente capital humano, a paixón, o entusiasmo e a profesionalidade das mulleres emprendedoras en xeral, e das que están detrás dos interesantes e exitosos proxectos que tiveron representación nas charlas, en particular.

Así mesmo, coincidiuse nun requerimento xeral ás administracions públicas para que escoiten e potencien as infraestruturas e as necesidades reais das emprendedoras e dos habitantes rurais para axuntar esforzos e chegar ao ambicioso obxectivo deste gran proxecto que é fixar poboación e tecido empresarial na zona.

Dende a organización, socios integrantes do Proxecto “O Courel, destino e futuro vital” (Noa Innova, Casa de Outeiro, Coureleando e Sabor Rural) agradeceron a asistencia e a participación nas xornadas.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...