HomesociedadeO Consorcio de Turismo Ribeira Sacra estrea portal no 'Día Mundial do...

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra estrea portal no ‘Día Mundial do Turismo’

O portal pretende dar a coñecer dun xeito directo e intuitivo a información que recolle o seu Plan de Mobilidade Sostible e tamén recibir e valorar as inquedanzas da poboación local e dos visitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores 27 de setembro, estase a celebrar e o Día Mundial do Turismo baixo o lema “Turismo e inversións verdes” e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra conmemora esta data coa presentación da plataforma de Mobilidade Sostible en Ribeira Sacra.

Esta páxina web será o escaparate dun documento creado no marco do Plan de Sostibilidade Turística, que contribuirá a orientar as decisións e estratexias en materia de mobilidade, para facer de Ribeira Sacra un territorio mellor conectado, máis responsable co medio ambiente e máis accesible para todas as persoas. A versión en español está completa e están a traballar a de galego e inglés, e progresivamente noutras linguas.

No Plan, tras un completo traballo de análise do territorio, plans existentes, vías de comunicación, servizos de transporte, datos de tráfico, equipamentos, rutas peonís, zonas de estacionamento… determínanse unha serie de medidas a curto, medio e longo prazo, entre as que están os servizos de lanzadeira a puntos conxestionados, que xa funcionaron de xeito piloto este pasado verán, cun resultado moi satisfactorio.

Outras medidas propostas camiñan no eido da mobilidade eléctrica, a mellora do uso dos ríos como vía de transporte ou a mellora de camiños e rutas de sendeirismo para favorecer percorridos a pé ou en bicicleta, reducindo o uso do vehículo particular.

DÍA INTERNACIONAL DO TURISMO

Esta xornada está promovida pola Organización Mundial do Turismo e celébrase desde o ano 1980 para poñer en valor a importancia social, cultural e económica desta actividade.

O seu lema deste ano “Turismo e inversións verdes” quere resaltar que a actividade turística non se pode basear exclusivamente no crecemento económico e na produtividade, senón que no panorama actual, os investimentos teñen que estar enfocados ao benestar  e a prosperidade das persoas e do planeta.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...