HomesociedadeA experiencia Viñobús-Vendima sinónimo de éxito

A experiencia Viñobús-Vendima sinónimo de éxito

Durante catro xornadas visitantes da Ribeira Sacra gozaron da experiencia de coñecer de preto a viticultura heroica, participando simbolicamente en traballos desta tempada como a vendima ou a pisa das uvas. A iniciativa e organización correu a cargo do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

A vendima estase a converter xa nunha das experiencias máis demandadas polos visitantes da Ribeira Sacra ao longo do ano. Esta actividade de turismo activo e experiencial concentrouse en catro xornadas (16,17,23 e 24 de setembro), esgotándose a meirande parte das prazas en poucas horas. 

As persoas participantes saían dende Monforte de Lemos no denominado Viñobús, e facíano con destino ás ribeiras do Sil e do Miño onde 5 adegas lles daban a coñecer a viticultura heroica. Uns 80 participantes, entre nenos e maiores, coñeceron de primeira man as particularidades da viticultura na Ribeira Sacra, tendo a oportunidade de participar directamente da recollida de acios, selección e pisado da uva, así como tamén da degustación do mosto, viño e produtos típicos. A experiencia tiña un prezo subvencionado de 15€ (10 € para nenos entre 4 e 12 anos e gratis para menores de 4) e duraba unha media xornada estendida. 

procedencia dos participantes foi maioritariamente galega, sendo a provincia da Coruña a que máis xente achegou (case a metade). Despois deles, os máis presentes foron pontevedreses, lucenses e ourensáns.

VIÑOBÚS VENDIMA, EXPERIENCIA MOI DEMANDADA

Viñobús Vendima é unha das actividades que organiza o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e que está patrocinadas ao abeiro do Convenio de colaboración asinado coa Axencia de Turismo de Galicia para o 2023.

Para esta entidade dinamizadora do territorio a difusión da vendima está a resultar unha canle de comunicación e de promoción que funciona moi ben como recurso turístico. Ademais das prazas habilitadas no Viñobús, son cada vez máis as adegas que ofrecen actividades enoturísticas deseñadas para o periodo de recolleita, e moitos os grupos de amigos e familias que piden a organización da actividade da vendima á medida, xerando un dinamismo que se vai fortalecendo ano tras ano. 

OUTONO

Dende o Consorcio están tamén pechando programación outonal, e en breve anunciarán novas experiencias e datas. Hai anos que están apostando para cubrir as tempadas baixas e desestacionalizar o turismo no xeodestino Ribeira Sacra, estratexia que está acadando os seus froitos.

ÚLTIMAS

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...