HomesociedadeO novo centro de maiores da Pobra do Brollón estará rematado, previsiblemente,...

O novo centro de maiores da Pobra do Brollón estará rematado, previsiblemente, nun ano

A Deputación de Lugo adxudicou a construción do centro de maiores da Pobra do Brollón por case 2,2 millóns de euros, segundo informou a portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto.

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

Deputación de Lugo adxudicou a construción do centro de maiores da Pobra do Brollón por case 2,2 millóns de euros, segundo informou a portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto. Fíxoo tras a xunta de goberno na que se adxudicou unha actuación que se levará a cabo na avenida de Outeiro e que contará cun prazo de execución de doce meses.

“Esperamos en 14 meses estar cos traballos de equipamento”, apuntou a deputada provincial, que informou que na sesión tamén se deu luz verde á adxudicación por máis de 260.000 euros das obras de mellora de servizos de abastecemento de auga, iluminación e saneamento no núcleo urbano da Pastoriza.

Entre outras actuacións, deuse luz verde á reposición da sinalización vertical e horizontal de 26 quilómetros da estrada provincial LU-P-0708, que dá servizo aos concellos de Baleira, Becerrá, A Fonsagrada e Navia de Suarna. Ademais, tamén se deu o visto e prace ao último trámite administrativo para o pago de subvencións por un importe de case 22.000 euros a cinco entidades asociativas da provincia.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...