HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra busca solucións en Europa co Presidente da Comisión...

A D.O. Ribeira Sacra busca solucións en Europa co Presidente da Comisión de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea,  Younous Omarjee

A axenda do Presidente da Comisión de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea,  Younous Omarjee, na súa visita á Ribeira Sacra, incluía, un necesario encontro con representantes do C.R.D.O.R.S. O eurodeputado foi recibido polo Presidente da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía Crespo e polo Vicepresidente, Héctor Ferreiro Abelairas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a xuntanza os representantes da D.O. Ribeira Sacra trasladáronlle a Younous Omarjee,  a importancia do sector do viño na Ribeira Sacra como fixador de poboación no medio rural, indicándolle as súas singularidades e poñendo en valor o traballo dos viticultores á hora de conservar esta paisaxe única que conforma a viticultura heroica.

Desde a D.O. Ribeira Sacra insistiuse na necesidade de que “a nosa viticultura teña un estatus especial dentro da viticultura europea e a necesidade de axudas directas aos nosos viticultores para o mantemento desta viticultura que supón uns altos custes de produción”, destacou Antonio Lombardía.

Desde a D.O. Ribeira Sacra tamén se deixou constancia da necesidade de que as adegas teñan mellores comunicacións viarias e ferroviarias e mellor acceso a internet de alta velocidade para seguir desenvolvendo os seus negocios e, especificamente, o enoturismo. 

  

Antonio Lombardía e Hector Ferreiro / BNG Lugo sul

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...