HomesociedadeMonforte licita a explotación de 4 postos da Praza de Abastos

Monforte licita a explotación de 4 postos da Praza de Abastos

O concello de Monforte publica na Plataforma de Contratación a licitación para a explotación dos postos 2, 3, 5 e 9 da Praza de Abastos, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prazo de presentación ofertas permanecerá aberto ata o 13 de outubro de 2023. As mesas de contratación terán lugar o 16 e o 23 de outubro. A licitación ten por obxecto a concesión da explotación de ditos postos, por un período de 5 anos, prorrogables 5 anos máis.

Os postos dos que sae a licitación a súa explotación posúen as seguintes características:

  • Posto nº 2: Posúe unha superficie aproximada de 13,60 m 2 . As actividades admisibles nel serán todas as relativas a comercialización de produtos destinados á alimentación humana, tanto envasados como a granel, sempre que non sexa incompatible dende o punto de vista hixiénico-sanitario, coa actividade desenvolvida nos postos lindeiros. Canon 486,34 €/ano.
  • Posto nº 3: Posúe unha superficie aproximada de 13,55 m 2 . As actividades admisibles nel serán todas as relativas a comercialización de produtos destinados á alimentación humana, tanto envasados como a granel, sempre que non sexa incompatible dende o punto de vista hixiénico- sanitario, coa actividade desenvolvida nos postos lindeiros. Canon 484,55 €/ano.
  • Posto nº 5: Posúe unha superficie aproximada de 17 m 2 . As actividades admisibles serán as relacionadas coa venda directa de produtos de froitería e verduras. Canon 159,12 €/ano
  • Posto nº 9: Posúe unha superficie aproximada de 23,60 m2 . As actividades admisibles serán as relacionadas coa venda directa de produtos de peixaría. Canon 960,05 €/ano.

A concesión comprende a prestación do servizo de mercado no posto obxecto de licitación. A concesión efectuarase individualmente para cada posto, non podendo ser a mesma persoa natural ou xurídica a adxudicataria de máis de dous postos. En virtude da concesión, o adxudicatario do posto queda obrigado á súa explotación. A natureza da relación que vinculará o Concello e ao adxudicatario, será a propia dunha concesión administrativa de uso privativo de dominio público e de acordo co réxime xurídico correspondente.

Para a avaliación das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase a varios criterios obxectivos de adxudicación, directamente vinculados coa prestación obxecto do contrato.

  • Oferta económica: 60 puntos.
  • Memoria descritiva da actividade a desenvolver: 40 puntos. Neste apartado valorarase:
  1. Descrición das actividades de venda que se pretendan desenvolver, dando prevalencia á implementación de actividades non existentes ou fórmulas e medios de comercialización novidoso respecto das existentes na actualidade, podendo aportar os documentos que consideren necesarios a fin de avaliar a mesma: máximo 20 puntos.
  2. Proposta de inversións directamente relacionadas coa actividade na que se incluirán as obras de acondicionamento e equipamento do posto. Deberá achegar características técnicas, fotografías e deberán vir cuantificadas economicamente a prezos de mercado: máximo 15 puntos.
  3. Declaración do número de persoas que se dedicarán ao exercicio da actividade de venda no posto a utilizar no posto: máximo 5 puntos.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...