HomesociedadeTerraceo en San Clodio aproveitando o 'verán do San Miguel'

Terraceo en San Clodio aproveitando o ‘verán do San Miguel’

Esta fin de semana mantéñense as actuacións na terraza do Hotel-Restaurante Las Vegas. A xerencia ten programado un concerto para este sábado noite e sesión de baile para o domingo 1 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

‘A Pista’ de San Clodio, terraza do Hotel-Restaurante’ Las Vegas, apura a tempada coas súas propostas de lecer musical para a clientela. Así, pois, e aproveitando o calor que chegou estes días, esta fin de semana na que remata setembro e comeza outubro ofrece un par de actuacións.

Este sábado 30 ás 23:30 h. haberá un concerto do dúo ‘Bi-Versión‘, chegados dende terras pontevedresas, e o domingo 1 de outubro ofrecerá a súa característica sesión de música de baile a partir das 19:00 h. o DJ Rafa de Radio Monforte.

BI-VERSIÓN

Biversión é un dúo formado por Lorenzo Boo e Víctor Movilla, ambos á guitarra e voz . A súa música céntrase nos grandes éxitos do pop e rock das décadas dos 80, 90, 2000…

Na súa actuación, a interrelación co público é un dos seus piares máis atractivos, ademais do seu bo facer cos instrumentos, xa que ambos imparten clases de guitarra.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...