HomesociedadeA Ribeira Sacra acolle do 20 ao 21 de outubro o Simposio...

A Ribeira Sacra acolle do 20 ao 21 de outubro o Simposio Internacional de Odontoloxía

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres no Pazo de San Marcos ao presidente do Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos, José María Suárez Quintanilla, e á presidenta do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, María Núñez Otero.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os participantes do encontro abordaron os detalles do Simposio Internacional de Odontoloxía que terá lugar na Ribeira Sacra os días 20 e 21 de outubro.

“É unha oportunidade moi boa para que xente de toda España poida achegarse a coñecer a nosa provincia”, sinalou o Presidente, que trasladou os parabéns aos organizadores da iniciativa, que xa conta con máis de 130 inscritos.

A cita reunirá a profesionais e estudantes do sector no hotel Áurea Palacio de Sober nun encontro no que, ademais de charlas e conferencias, os participantes terán tamén a oportunidade de coñecer a comarca coa visita dunha adega e unha viaxe nun dos catamaráns da Deputación.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...