Homesociedade3.200 € para asociacións culturais de Monforte

3.200 € para asociacións culturais de Monforte

O Concello de Monforte anunciou unha convocatoria de axudas económicas para asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas, que non solicitaran as axudas para os mesmos fins o pasado 5 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 25 de setembro, o equipo de goberno do Concello de Monforte aprobou en Xunta de Goberno as bases dunhas subvencións municipais destinadas a Asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas. O importe total é de 3.202,43 € que representa un remanente que quedou sen gastar doutra convocatoria anterior que se fixo no mes de xullo tamén para entidades asociativas e que ascendeu a 12.000 euros.

Poden optar a esta nova convocatoria as asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que non foran beneficiadas anteriormente e que inclúan para xustificar actividades realizadas no exercicio 2023. O pasado sábado 30 de setembro publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, co cal xa se pode proceder a solicitalas ata o luns 16 de outubro, incluído. O prazo para xustificalas será ata o 7 de decembro de 2023 e o importe de cada subvención non poderá superar os 1.000 euros, nin o 70% do investimento subvencionable por cada anualidade.  

“O que pretendemos, con esta liña de axudas, é seguir apoiando a labor das nosas asociacións, a fin de apoiar actividades que son imprescindibles para o desenvolvemento cultural da nosa cidade, como son charlas, coloquios, conferencias, publicacións, concertos, eventos, etc.”, comentou o rexedor monfortino.

CONDICIÓNS PARA SOLICITAR AS SUBVENCIÓNS

Para poder optar a este tipo de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, as asociacións deben cumprir unha serie de requisitos, ademais de figurar legalmente constituídas no rexistro de asociacións do Concello (ter domicilio social, sede ou representación en Monforte) e desenvolver actividades de interese xeral para o municipio, xa sexan de carácter cultural, veciñal, popular, profesional, lúdico ou recreativo.

Estes requisitos son:

  1. Carecer de ánimo de lucro.
  2. Estar debidamente inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Monforte de Lemos no momento de presentar a solicitude.
  3. Non ser debedora co Concello por calquera tipo de débeda de dereito público (será comprobado de oficio pola administración).
  4. Non ser debedora coa Facenda estatal ou autonómica e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
  5. Non estar incursa en prohibición para obter a condición de beneficiaria de subvencións públicas.
  6. Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.
  7. Para estas subvencións quedan excluídas Asociacións e Entidades Deportivas, así como aquelas que realicen actividades de carácter social, pois contan con liñas de axuda específicas.
  8. Quedan así mesmo excluídas aquelas entidades asociativas que xa recibiran subvención ó abeiro da primeira convocatoria (5 de xullo) de subvencións a asociacións inscritas no rexistro municipal de asociacións para actividades realizadas no exercicio 2023.

A finalidade das axudas será contribuír ao financiamento de programas, proxectos ou actividades culturais levadas a cabo por Entidades e Asociacións sen ánimo de lucro no Concello de Monforte de Lemos no exercicio 2023. Non serán subvencionables os gastos de reforma e acondicionamento de locais, vestiario, actividades con ánimo de lucro ou calquera outro gasto non relacionado co proxecto presentado. Así mesmo quedan excluídas desta convocatoria as axudas a festas patronais, comidas e eventos relixiosos.

ÚLTIMAS

Os deputados do PP denuncian “trato discriminatorio” do Goberno de Sánchez coa veciñanza de Santo Estevo do Sil

Os deputados do PP lucense -Francisco Conde Jaime De Olano e Cristina Abades- trasladan...

Inscricións de novas viñas en suspenso en concellos que non teñan aprobada unha delimitación planimétrica

O pleno do Consello Regulador Ribeira Sacra reuniuse o pasado 10 de febreiro de...

A futura ‘Área Recreativa e Praia Fluvial de Monforte’ terá capacidade para acoller a unhas 20.000 persoas

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, informou en rolda de prensa...

Estudantes do IES A Pinguela destacan na fase galega da Olimpiada de Xeoloxía

Corenta alumnas e alumnos de institutos da provincia de Lugo (IES Fontem Albei da...