HomesociedadeCurso de dirección empresarial para interesadas/os da Comarca de Quiroga

Curso de dirección empresarial para interesadas/os da Comarca de Quiroga

Trátase da derradeira convocatoria de formación que ofrece o proxecto "O Courel destino e futuro" e hai 15 prazas dispoñibles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro 17 de outubro dará comezo a última convocatoria de formación do proxecto “O Courel destino e futuro“, iniciativa que ofreceu ao longo deste 2023 diferentes charlas e propostas formativas para a xente da Comarca de Quiroga.

A formación proposta nesta ocasión preséntase baixo o título de “Dirección empresarial para emprendedores”, consta de 165 horas de duración e farase en modalidade en liña. O curso está dirixido a emprendedores, empresarios, e autónomos dos concellos de Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga; dispón de titorías especializadas a cargo dun titor con máis de 25 anos de experiencia profesional en dirección empresarial e remata o 30 de novembro.

A xente interesada destes tres concellos pode consultar toda a información e inscribirse na páxina web dos organizadores. Hai 15 prazas dispoñibles e asignaranse por orde de inscrición.

Tamén se pode contactar enviando un correo electrónico a gestion@ocoureldestinoyfuturo.es.

ÚLTIMAS

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...

O pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para unha nova aula de 2º de primaria

A iniciativa pedía revisar a planificación deste curso e crear un novo grupo...