HomesociedadeBóveda corrixe impactos paisaxísticos renovando o exterior dos centros asistenciais de Bóveda...

Bóveda corrixe impactos paisaxísticos renovando o exterior dos centros asistenciais de Bóveda e Rubián

O Goberno local de Bóveda recibiu unha achega do Instituto de Estudos do Territorio de 38.367 euros para acometer varias actuacións de corrección de impactos paisaxísticos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O departamento dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu 20.000 euros para a renovación do acabamento exterior das fachadas (parámetros, carpinterías, cerrallerías) dos centros asistenciais de Bóveda e Rubián ante o seu estado de deterioro.

Para a corrección do impacto paisaxístico acometeuse a limpeza dos soportes, reparáronse os descascados e gretas e fíxose o acabado con pintura de conformidade coa Guía de cor e materiais de Galicia.

Centro asistencial de Bóveda / Concello de Bóveda

Tamén no marco das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinados a concellos de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio concedeu unha contía de 18.367 euros para a rehabilitación da fonte e lavadoiro de Vilar, en Guntín, un inmoble que se atopaba moi deteriorado.

Os traballos consistiron en eliminar todos os elementos construtivos alleos á tipoloxía tradicional, como fibrocemento e formigón; na limpeza e acondicionamento da contorna, na reconstrución dos muros perimetrais en pedra e na execución dunha nova cuberta con madeira e lousa.

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, valora esta liña de axudas do Goberno galego “que permite acondicionar e recuperar espazos públicos que non se atopaban en bo estado”.

Fonte e lavadoiro de Vilar / Concello de Bóveda

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 3,2M€ na mellora da N-120 ao seu paso por Quiroga

Durante a visita, Olimpia López destacou que esta actuación forma parte do “esforzo inversor...

O programa Emega impulsou en Sarria 4 negocios liderados por mulleres

Coa convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino correspondente ao 2025, a Consellería de...

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...