HomesociedadeVisita do alumnado de Bacharelato de Ciencias do IES A Pinguela a...

Visita do alumnado de Bacharelato de Ciencias do IES A Pinguela a Atapuerca, Burgos e Zumaia

O departamento de Bioloxía do IES A Pinguela organizou, un ano máis, a visita ós xacementos arqueolóxicos de Atapuerca co alumnado de Bacharelato desa materia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos xacemeentos da serra de Atapuerca atopáronse restos fósiles e evidencias da presencia de cinco especies de homínidos diferentes: Homo sp. (aínda por determinar, 1.300.000 anos), Homo antecessor (850.000 años), preneandertais (500.000 años), Homo neanderthalensis (50.000 años) e Homo sapiens.

Alumnado Ciencias IES A Pinguela visita Atapuerca e Zumaia / IES A Pinguela

O alumnado visitou tamén o CAREX de Atapuerca, espacio da Junta de Castilla y León adicado á divulgación da experimentación en Arqueoloxía e tamén o fantástico Museo da Evolución Humana de Burgos (onde aprenderon sobre as outras especies de humanos e souberon de Miguelón, Agamenón, Benjamina, o bifaz Excalibur…). Asombráronse co fósil de mamut recén instalado. Despois pasearon unha cidade fermosa e chea de rincóns con encanto.

Alumnado Ciencias IES A Pinguela visita Atapuerca e Zumaia / IES A Pinguela

Aproveitaron tamén para desplazarse ó Centro de Interpretación Algorri de Zumaia para aprender a formación do flysch, acantilados dese tramo da costa vasca e a rasa mareal e tamén para recorrer unha parte dese importante entorno xeolóxico. De volta, aínda tiveron tempo para coñecer parte do casco histórico de Vitoria.

Alumnado Ciencias IES A Pinguela visita Atapuerca e Zumaia / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...