HomesociedadeClausura do taller de emprego que compartiron Folgoso do Courel, Quiroga e...

Clausura do taller de emprego que compartiron Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil

A Xunta de Galicia entregou este mércores os seus diplomas aos 20 alumnos traballadores que participaron durante un ano no obradoiro dual Sillor IX, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 534.000 euros. A iniciativa foi promovida polo Concello de Folgoso do Courel asociado cos de Ribas de Sil e Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado formouse na especialidade de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización. Ademais dos contidos teóricos, adquiriron experiencia realizando prácticas remuneradas, durante as que se centraron especialmente na mellora do pavimento de numerosas rúas dos tres concellos, ademais de levar a cabo outros traballos como a dotación de mobiliario urbano en distintas zonas.

O delegado territorial, Javier Arias, destaca que o orzamento destinado a este obradoiro inclúe incentivos para a contratación de todos os participantes en empresas durante un mínimo de tres meses ao finalizar o ano de duración. Isto permitirá que o alumnado acceda a un emprego e continúe adquirindo experiencia.

“Os obradoiros son moi demandados polos concellos porque permiten conxugar a formación teórica coa práctica profesional, e realizan traballos que supoñen un aforro para as arcas municipais”, dixo Arias. Así mesmo, apuntou que proximamente poranse en marcha novos talleres de emprego financiados pola Xunta na provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...

Ata o 12 de marzo as asociacións de comerciantes poden solicitar as axudas da Xunta para dinamizar o sector

A Xunta convocou as axudas anuais ás asociacións de comerciantes para dinamizar o comercio...

O CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel pide axuda á veciñanza para recuperar palabras en desuso

O CPI Poeta Uxío Novoneyra vén de poñer en marcha unha iniciativa, "Palabra no...