HomesociedadeSarria únese á 'Red Sororidad', iniciativa que une peregrinas e emprendedoras do...

Sarria únese á ‘Red Sororidad’, iniciativa que une peregrinas e emprendedoras do Camiño Francés

Trátase dunha iniciativa enmarcada no proxecto de fondos europeos “Camino de Europa”, do que forman parte os 11 concellos integrados na Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concelleira do Camiño de Santiago e Turismo, Reyes Abella, informou o pasado venres 13 de outubro que as veciñas de Sarria con negocios vinculados ao Camiño de Santiago Francés –produtoras, artesás, propietarias de aloxamentos e restaurantes, promotoras de proxectos culturais, etc– poden sumarse á coñecida como “Red Sororidad”, iniciativa que serve para reforzar a súa visibilidade e favorecer novos contactos comerciais coas peregrinas que realizan esta ruta.

A “Red Sororidad” é unha iniciativa enmarcada no proxecto de fondos europeos “Camino de Europa”, do que forman parte os 11 concellos integrados na Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés –entre eles, Sarria– xunto con outras oito entidades de Aragón, Navarra, La Rioja e Castilla y León.

A MULLER, MOI PRESENTE NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Esta iniciativa xorde da particularidade de que mentres o maior número de persoas que realizan o Camiño son mulleres, a presenza feminina na contorna rural, aínda que en aumento, segue a ser minoritaria. Por este motivo, a través da “Red Sororidad” preténdese darlle visibilidade ás empresarias e emprendedoras vinculadas ao Camiño Francés e aos seus proxectos, fomentando o seu coñecemento por parte dos milleiros de peregrinas.

Reyes Abella destaca que “esta rede representa unha excelente oportunidade para estreitar lazos persoais e comerciais entre as mulleres do Camiño e para transmitir ás peregrinas coñecementos sobre a cultura, a gastronomía e o arte do rural galego a través das súas protagonistas”.

As mulleres interesadas en formar parte da “Red Sororidad” poden xestionar a súa alta a través da web www.redsororidad.com ou contactando coa Concellería do Camiño de Santiago e Turismo de Sarria ou coa Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...