HomesociedadeSuspéndense as rutas en catamarán do Miño, por obras de mantemento de...

Suspéndense as rutas en catamarán do Miño, por obras de mantemento de Naturgy no encoro dos Peares

A Deputación de Lugo informa de que a empresa Naturgy Generation SLU, titular dunha concesión para o aproveitamento de auga no río Miño con destino á produción de enerxía eléctrica, vén de comunicarlle que ten previsto realizar nos próximos días un descenso do nivel do encoro dos Peares para realizar o mantemento das comportas da presa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O descenso de nivel imposibilita a navegación con seguridade das rutas fluviais da Deputación polo Miño, que parten de Belesar, polo que a institución provincial vese na obriga de suspender este servizo a partir de mañá mércores, 25 de outubro, ata fin de tempada.

A Deputación porase en contacto coas persoas que xa fixeran a súa reserva para facer esta viaxe polo Miño, informándoas da situación e facilitándolles a opción da devolución do importe do billete ou a alternativa de trocar o billete polo da ruta polo Sil, que si estará operativa.

No caso da ruta polo Sil, esta semana hai viaxes de mércores a domingo. Logo haberá rutas o día de Todos os Santos, o 1de novembro, con dúas viaxes pola mañá e dúas pola tarde. O resto do mes de novembro só haberá percorridos durante as fins de semana e, en decembro, as rutas desenvolveranse dende o 2 ao 10 de decembro todos os días, con  motivo da Ponte da Constitución.

Para información e reservas, as persoas interesadas poden dirixirse á web https://reservas.rutasembalses.es ou chamando ao: 982 26 01 96 en horario de 9:00 a 20:00 horas de luns a domingo.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...