HomesociedadeVeciñanza de Marce en Pantón no Coñece a túa provincia

Veciñanza de Marce en Pantón no Coñece a túa provincia

O programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo ofrece esta semana 7 rutas diferentes para un total de 160 persoas que integran colectivos veciñais de Pantón, Vilalba, Lugo, As Nogais e Castro de Rei.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes a Asociación de Veciños de Marce, de Pantón, visita O Vicedo, Viveiro e Ourol. Logo dunha parada para coñecer o Pazo de San Marcos da man do Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, puxeron rumbo á Mariña para percorrer lugares como a área etnográfica da Insua, a praia de Covas ou a fervenza da Xestosa. Pola súa banda, o Instituto de Estudos Chairegos Pena do Encanto comezou a súa ruta no Mazo de Santa Comba e seguiu viaxe para coñecer unha adega en Amandi, presenciar unha demostración de olaría tradicional na reitoral de Gundivós e acudirán a visitar un miradoiro sobre o Canón do Sil.

Xa o venres, a asociación veciñal San José Polvorín das Gándaras porá rumbo cara a Ribeira Sacra, para coñecer o Ecomuseo de Arxeriz, o miradoiro Cabo do Mundo II, unha adega, o pobo de Belesar e a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño. Por outro, as mulleres da Xuntanza, de Castro de Rei, irán cara a Mariña a coñecer a fervenza do Pozo da Onza, no Valadouro, o domen de Santo Tomé ou a igrexa de Santa Cruz, visitar ao castelo de Castrodouro e á Finca Galea en Alfoz.

Durante a tempada de outono, dende setembro ata novembro, son máis de 1.230 persoas de 55 entidades da provincia as que percorrerán a provincia con este programa que a Deputación puxo en marcha co obxectivo de que a veciñanza coñeza mellor toda a riqueza patrimonial das distintas comarcas lucenses e dinamizar desta forma a economía local, sobre todo o turismo, a hostalería e o comercio.

O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que teñen a habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...