IniciosociedadeExperiencias dunha vida empresarial no IES A Pinguela

Experiencias dunha vida empresarial no IES A Pinguela

Pedro Salvadores Salvadores (Castrillo de los Polvazares, 1940), empresario maragato xubilado do sector da marroquinería, presentou no centro o seu libro "El Marketing y el protocolo familiar".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES A Pinguela ofreceu esta pasada semana un interesante evento dirixido ao alumnado e profesorado dos ciclos de Calzado, Confección e Moda e de Imaxe Persoal. Foi a presentación do libro “El Marketing y el protocolo familiar”, obra do empresario xubilado Pedro Salvadores Salvadores.

O libro reflicte experiencias e vivencias dunha vida empresarial que se inicia en Astorga e se alonga máis de 50 anos, nuns tempos nos que o entorno empresarial se tivo que adaptar desde a primeira liberarización económica do franquismo ata os pactos da Moncloa, entrada na Unión Europea, no Euro e nos Acordos do Comercio Mundial de 2005.

Un momento da charla de Pedro Salvadores. Foto: IES A Pinguela.

O autor maragato destacou a “importancia do social en todos os aspectos da xestión da empresa”, desde a compra das materias primas ata o proceso de venda, pasando pola
fabricación e o marketing. Tamén salientou a necesidade de establecer un protocolo xurídico claro nas empresas de tipo familiar como foi a súa.

A maiores, resaltou a importancia da imaxe corporativa para manter e captar novos clientes, a súa aposta pola calidade e a importancia da certificación ISO 9001-2000 como algo básico para a internacionalización e para as relacións entre empresas e tamén como garantía diante de usuarios e consumidores.

ÚLTIMAS

Cadea humana en Chantada contra o acoso escolar

Este xoves, 2 de maio (Día Internacional contra o Bullying e o Acoso Escolar),...

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...