HomesociedadeXXIX Aniversario do CAPD de Sarria

XXIX Aniversario do CAPD de Sarria

O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria estivo de celebración este pasado 27 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria viviu o pasado venres 27 de outubro unha xornada festiva na que tiveron un especial protagonismo os residentes e as súas familias, e na que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, entre outros.

Os usuarios e as usuarias actuaron na gala musical “Ti si que vales”, desfrutaron do espectáculo de maxia de Samuel Moreno, e pola tarde seguiron a festa coa música do DJ Tibu. Ademais, instaláronse exposicións con traballos elaborados por eles e fotografías de actividades e excursións realizadas no último ano.

O CAPD depende da Consellería de Política Social e Xuventude, conta con máis de 170 traballadores e acolle a 120 residentes que reciben atención integral, dende os coidados básicos ata atención psicosocial, fisioterapia ou talleres formativos para potenciar as súas habilidades.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...