O concello de Monforte celebra un ano máis o tradicional Mercado de Outono que acolle a Praza de Abastos da cidade a vindeira fin de semana, 4 e 5 de novembro. Un mercado de produtos típicos de outono que contará con gastronomía, contacontos e diversos obradoiros relacionados co Samaín e cos cogomelos.
Durante toda a fin de semana poderanse adquirir: castañas, cogomelos, noces ou mel; doces, marmelos ou licores ademais de aceite, embutidos e queixos galegos. Serán 12 postos de venda directa. O mercado abrirá as súas portas o sábado 4 de novembro de 10 a 14 horas e de 17:00 a 20:00 horas. O domingo, 5 de novembro, de 11:00 a 14:00 horas.
programa actividades
Sábado 4 de novembro:
- 12:00 a 13:30 h.- Obradoiro do Samaín para nenos/as. Decoración de cabazas.
- 18:00 a 19:00 h.- Contacontos con Iseo A Moura “De cea cos defuntos”.
- 19:00 a 20:30 h.- Showcooking “Cociña de cogomelos”. Límite de prazas: 30, sen límite de idade, e poderán participar nenos e nenas, acompañados dun adulto.
Domingo 5 de novembro:
- 12:00 a 13:30 h.- Obradoiro de cultivo de cogomelos. Límite de prazas: 30, sen límite de idade, e poderán participar nenos e nenas, acompañados dun adulto.