HomesociedadeFin de semana de Mercado de Outono en Monforte

Fin de semana de Mercado de Outono en Monforte

A 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, inauguraron este sábado pola mañá unha nova edición do tradicional Mercado de Outono que acolle a Praza de Abastos de Monforte durante esta fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No espazo dos Mercados da Praza de Abastos, é posible, durante toda a fin de semana, adquirir produtos de tempada, produtos gastronómicos de outono: castañas, cogomelos, noces ou mel así como os produtos elaborados cos mesmos: doces, marmelos ou licores ademais de aceite, embutidos e queixos galegos. En total son 12 postos de venda directa deste tipo de produtos.

Este mercado de produtos naturais e típicos de outono abriu as súas portas este sábado, 4 de novembro, ás 10 h. Este domingo, 5 de novembro, o seu horario é de 11:00 a 14:00 horas.

Entre as 12:00 e as 13:30 h. terá lugar un Obradoiro de cultivo de cogomelos. Límite de prazas: 30, sen límite de idade, e poderán participar nenos e nenas, acompañados dun adulto. Ensinarase o cultivo de cogomelos en saco, na horta ou no monte.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...