HomesociedadeUn axente de viaxes de Sarria ofertaba estancias a un prezo inferior...

Un axente de viaxes de Sarria ofertaba estancias a un prezo inferior ao do mercado que logo non se materializaban

O acordo de conformidade rebaixa a pena de prisión do mozo, de 29 anos, que deberá pagar á súa ex axencia unha indemnización de 25.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un ex traballador dunha axencia de viaxes de Sarria foi condenado este xoves na Audiencia Provincial, en base a un acordo de conformidade, a unha pena de dous anos de prisión por ofertar paquetes vacacionais falsos e cobrar anticipos das reservas a 37 persoas, entre os anos 2019 e 2020.

De acordo ao recolleito no relato do Ministerio Fiscal, o condenado, un mozo de 29 anos que recoñeceu os feitos que se lle imputaban,publicitaba ‘ofertas lóstrego’ a un prezo inferior ao de mercado e facilitaba a súa conta bancaria para pechar reservas con clientes da axencia sen o coñecemento da súa empresa. Ao decatarse as persoas afectadas de que ditas reservas non existían, o condenado procedía á devolución dos depósitos esixindo a cambio aos clientes asinar un documento co compromiso de non emprender accións legais na súa contra.

Por tales feitos, a Fiscalía pedía inicialmente unha pena de prisión de tres anos e tres meses por un delito continuado de apropiación indebida. A acusación particular, pola súa banda, actuando en nome da propietaria da axencia, solicitaba seis anos de cárcere e máis de 93.000 euros de multa en concepto de responsabilidade civil polos danos e prexuízos xerados.

ACORDO

Na vista oral celebrada este xoves na Audiencia Provincial de Lugo, a atenuante de reparación do dano (o acusado xa devolvera o diñeiro ás vítimas antes da celebración do xuízo) foi considerado como “moi cualificado” e tanto Ministerio Fiscal como acusación particular acordaron rebaixar a pena de prisión a dous anos. O acordo de conformidade alcanzado obriga, con todo, ao ex traballador ao pago dunha indemnización de 25.000 euros (dos cales xa abonou 15.000) á súa antiga axencia nun prazo de dous anos.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...