HomesociedadeGran interese para coñecer "A Caverna de Santo Estevo"

Gran interese para coñecer “A Caverna de Santo Estevo”

As prazas habilitadas dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para o venres 10 de novembro, esgotáronse en poucas horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O interese por coñecer as interioridades da Central Hidroeléctrica de Santo Estevo está sento tal que no Consorcio de Turismo Ribeira Sacra non paran de recibir solicitudes de información sobre as visitas. Ademais, segundo indican, “están a solicitar de xeito insistente, a apertura de novas prazas”.

Como ben se explicaba na presentación desta iniciativa o pasado venres 10 de novembro, trátase dunha proba piloto que se valorará ao seu remate. Se sae ben, o máis probable é que poderá ter continuidade en 2024 nos termos que negociou o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra coa Compañía Iberdrola.

Pola súa banda, o Presidente do Consorcio de Turismo, Luis Fernández Guitián, comentaba na apertura destas instalacións que “é algo que levamos pedindo dende hai moitos anos e é que estabamos convencidos de que existe moita curiosidade por coñecer as entrañas e o funcionamento destas infraestruturas e un perfil tamén con grandes inquedanzas na área do turismo industrial que ten en Ribeira Sacra un magnífico potencial”.

As rutas estarán dispoñibles, con reserva previa, os venres e sábados entre o 17 de novembro e o 9 de decembro.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...