HomesociedadeA Cooperativa Outonía premiada por partida dobre

A Cooperativa Outonía premiada por partida dobre

Recibiu o 2º Premio ao Desenvolvemento Rural na categoría Mulleres na súa XIV Edición e o 1º Premio na categoría Juana Heróica da Escola de Emprendemento Juana Millán, promovido polo Instituto das Mulleres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado mércores 15 de novembro celebrouse no Convento da Igrexa de Bonaval de Santiago de Compostela a entrega de premios ao Desenvolvemento Rural na súa XIV Edición, galardóns convocados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

A Cooperativa Outonía, composta polas educadoras sociais Paula Carrera (Quiroga), Araceli Macías (A Veiga) e Tania Sánchez (Manzaneda), acadaron o segundo posto na categoría de proxectos promovidos por mulleres.

Nunha edición onde se avaliaron máis de 50 proxectos, destacouse a innovación e o compromiso territorial destas iniciativas recoñecéndose o compromiso e achega que esta cooperativa produce ao desenvolvemento rural.

UN RECOÑECEMENTO MÁIS

E por se o anterior recoñecemento fose pouco, o día seguinte –xoves 16 de novembro– Tania Sánchez e Araceli Macías recollían no Instituto das Mulleres en Madrid o primeiro premio da categoría Juana Heroica da Escola de Emprendemento Juana Millán promovida por esta institución para apoiar e promover o emprendemento.

A categoría Juana Heroica fai unha mención especial aos proxectos que se desenvolven en contextos de despoboación.

Os dous premios recibidos recoñecen as iniciativas emprendedoras rendibles tiradas adiante por mulleres e cunha triple perspectiva: económica, ecológica y social.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...