HomesociedadeO Incio destina 54.000€ a unha escavadora para a prestación de servizos...

O Incio destina 54.000€ a unha escavadora para a prestación de servizos municipais

Para a nova escavadora contouse cunha axuda de 29.000 euros da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con cargo ao Fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a concellos de menos de 15.000 habitantes, para subministración de maquinaria e equipamento para a prestación de servizos municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello do Incio vén de adquirir unha escavadora para a prestación de servizos municipais. O alcalde, Héctor Corujo, foi o encargado de recibir a máquina, que foi entregada por Fernando José López Méndez, responsable da empresa Fevisa Vías y Obras S.L.

Trátase dunha máquina modelo Hidromek 102S, con diferentes cazos retro e cazo dianteiro que pola súa versatilidade permite que poida ser utilizada en traballos moi diversos. Grazas a este equipamento o concello dota á brigada de obras e servizos de maquinaria que permitirá dar resposta a necesidades como reparacións de camiños, da rede de abastecementos ou saneamentos, retirada de neve, acometer pequenas obras, etc., “dunha forma máis eficiente e rápida e que en definitiva mellorará os tempos de resposta ante todos tipo de incidencias e a calidade de vida dos veciños e veciñas”, sinalan desde o concello.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...