HomesociedadeCortada ao tráfico a estrada provincial de Pedrafita a Seoane este venres,...

Cortada ao tráfico a estrada provincial de Pedrafita a Seoane este venres, sábado e luns

As obras de mellora e ensanche que está acometendo a Deputación de Lugo na estrada LU-P-1301, de Pedrafita do Cebreiro a Seoane do Courel, obrigan ao corte da estrada o venres, o sábado e o vindeiro luns. Cortarase a circulación dende o quilómetro 6 ao 9 para acometer os traballos de estendido do aglomerado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial destina 275.000€ para esta estas obras que teñen como obxectivo ter unha plataforma de entre 5,10 e 5,50 metros de ancho. Ademais, fixéronse actuacións de drenaxe, estase pavimentando e farase a correspondente sinalización horizontal e vertical. Colócanse tamén novas balizas de neve, paneis direccionais e novos tramos de barreira metálica de seguridade. Na actualidade, este tramo contaba cun ancho de 4 metros, polo que estas actuacións servirán para ampliar considerablemente a superficie da vía, mellorando a seguridade e comodidade das persoas usuarias.

O corte estará debidamente sinalizado nas interseccións para causar o menor prexuízo posible ás persoas que utilizan a estrada. Estas actuacións, que realiza a empresa Vazper 3 SL, fanse na  súa totalidade nunha zona que pertence á Rede Natura 2000 dos Ancares, polo que se tivo especial coidado en que o proxecto tivera un impacto medioambiental mínimo.

Con esta obra, a Deputación leva investido 1M€ para acondicionar os 6 quilómetros que faltaban para completar a mellora da vía. Así, actuou no tramo comprendido entre os quilómetros 10,700 e o 12,591 cun orzamento de 245.000€; e dedicou outros 300.000€ para o treito que vai do punto 8,670 ao 10,700.

Por outra banda, a última Xunta de Goberno acordou destinar 200.000€ ao concello de Taboada para a adquisición dun camión recolector compactador de residuos sólidos urbanos co obxectivo de reforzar os medios técnicos deste servizo público no municipio e ofrecer á veciñanza unha mellor atención.

ÚLTIMAS

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...