HomesociedadeA CIG e a CSIF denuncian a "sobrecarga de traballo" na atención...

A CIG e a CSIF denuncian a “sobrecarga de traballo” na atención primaria da área sanitaria

En canto a Monforte, CSIF denuncia, a través dun escrito, a "preocupante realidade que viven diariamente estes traballadores que os obriga a enfrontarse a un volume de traballo inasumible".

Publicado o

- Advertisement -

A CIG-Saúde da Mariña e a CSIF de Monforte denunciaron a “sobrecarga de traballo e a situación de desborde” á que se enfrontan os profesionais da atención primaria da área Sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, que ven obrigados a modificar as súas axendas ou a derivar as urxencias.

A CIG declarou que “á situación insustentable na atención primaria de Viveiro e O Vicedo, agora súmanse tamén O Valadouro e Alfoz”, as cales estarán durante unha semana sen atención completa e derivarán as urxencias ao Centro de Saúde de Foz.

En canto a Monforte, CSIF denuncia, a través dun escrito, a “preocupante realidade que viven diariamente estes traballadores debido á falta de previsión por parte do Sergas, que os obriga a enfrontarse a un volume de traballo inasumible, con continuos cambios nas axendas e falta de coordinación nas mesmas”.

Desta forma, explicaron que cando o número de facultativos presentes diminúe a 4, os profesionais sanitarios ven obrigados a pechar axendas a partir das 12,00 e a reprogramar máis de 500 citas. No caso de ser só 3 facultativos, limitaranse a atender as urxencias.

RECLAMACIÓNS DOS SINDICATOS

A CIG-Saúde A Mariña esixiu a cobertura de todas as ausencias para garantir unha “calidade asistencial digna”, polo que consideran fundamental “rescatar a sanidade pública galega e dignificar a Atención Primaria fronte aos gobernos do PP que pretenden convertela nun privilexio”.

Pola súa banda, CSIF de Monforte reclamou “mellorar a coordinación entre a Dirección Provincial e os Centros para que o persoal de Admisión teña acceso anticipado ás axendas, permitindo unha planificación adecuada” e “garantir a dotación suficiente de facultativos para cubrir baixas e permisos, informando coa debida anticipación”.

ÚLTIMAS

Sergio Alba presenta ‘Dous rombos… pasa para a cama’ en Sober

Sergio Alba, de xira neste 2025 co seu espectáculo de humor "Dous rombos... Pasa para...

Chantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5 de novembro ás 20:30h

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase este venres, 5 de decembro, ás 20:30h....

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...