HomesociedadeO concello de Chantada visibiliza o 25N, ¡Súmate! para poñer fin ás...

O concello de Chantada visibiliza o 25N, ¡Súmate! para poñer fin ás violencias contra as mulleres

O Concello de Chantada, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza unha ampla programación para visibilizar a xornada do 25N, Día internacional para á eliminación da violencia contra as mulleres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O lema deste ano é  ¡SÚMATE! para poñer fin ás violencias contra as mulleres e ten como  obxectivo mobilizar á sociedade de Chantada para solidarizarse coas mulleres que sofren violencia, “queremos que sexan activistas,  defensoras e defensores dos dereitos das mulleres que padecen violencia. Co fin de previr condutas sexistas debemos camiñar cara un modelo educativo que supere o dominio e a submisión. A igualdade  apréndese dende a infancia, por iso tamén queremos facer protagonistas aos máis novos e achegarémonos aos centros educativos con distintas propostas”, sinala Pamela Fernández, concelleira de Igualdade e Saúde Pública, Turismo e Comercio.

Para conseguir estes obxectivos elaboráronse distintos carteis con mensaxes que referencian diversos aspectos da violencia machista. Desde o Concello faise un chamamento a todos os establecementos públicos da vila para adherirse á campaña colocando estas mensaxes nos seus escaparates.

Para os máis cativos elaborouse unha guía, Preme-off (guía de uso responsable de redes sociais e internet para familias). Este material repartirase nos centros educativos ao mesmo tempo que se impartirán talleres sobre a materia.

O CIM programa tamén actividades para a adolescencia, con obradoiros sobre a violencia de xénero no novo contexto dixital. “Non podemos esquecer que os contidos audiovisuais que se atopan na rede propagan estereotipos, violencias sexuais específicas contra as mozas e violencias simbólicas sobre o corpo das mulleres”, insiste Pamela Fernández.

Na celebración do 25N desde o Concello de Chantada queren lembrar todo o acadado ata agora e seguir denunciando a violencia á que son sometidas as mulleres. “É un día de loito e de loita que conmemoraremos tamén coa lectura do manifesto ante unha placa en recordo e agradecemento a todas as mulleres vítimas da violencia”, conclúe a concelleira de Igualdade.

Programación 25N

  • CEIP XOAN DE REQUEIXO. Luns, 20 de novembro. Charla: Recomendacións para un uso responsable das redes
  • CEIP ELOISA RIVADULLA. Luns, 27 de novembro. Charla: Recomendacións para un uso responsable das redes .
  • IES LAMA DAS QUENDAS. Venres, 24 de novembro ás 9:00h. Obradoiro “Violencia de xénero no novo contexto dixital”, imparte Pantallas Amigas
  • IES VAL DO ASMA. Venres, 24 de novembro ás 11:45h. Obradoiro “Violencia de xénero no novo contexto dixital”, imparte Pantallas Amigas
  • BIBLIOTECA DE CHANTADA. Venres, 24 novembro ás 17:00. Contacontos: Rapazas de conto con Marisa Irimia
  • 25 DE NOVEMBRO. Sábado, 25 de novembro ás 12:30 no paseo fluvial. Lectura de manifestó e placa conmemorativa

ÚLTIMAS

Sergio Alba presenta ‘Dous rombos… pasa para a cama’ en Sober

Sergio Alba, de xira neste 2025 co seu espectáculo de humor "Dous rombos... Pasa para...

Chantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5 de novembro ás 20:30h

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase este venres, 5 de decembro, ás 20:30h....

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...