Homesociedade119.000€ na mellora da estrada que une Escairón e Marrube

119.000€ na mellora da estrada que une Escairón e Marrube

O Concello do Saviñao vén de rematar a mellora da estrada municipal que comunica Escairón con Marrube ata o lugar de Felón

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras de mellora desta estrada contaron cun investimento de 119.000 euros, que a entidade local financiou con cargo ao PEIM (Proxectos Estrátexicos de Infraestruturas no Medio Rural) 2023.

O alcalde do municipio, Carlos Armesto, supervisou os traballos que remataron este venres. As actuacións consistiron no acondicionamento do firme, garantido así a seguridade aos usuarios que transitan a cotío por ela.

A entidade local continúa deste xeito, segundo afirma o máximo mandatario municipal, co obxectivo de mellora dos accesos ás parroquias. Neste senso, Armesto adianta que, “nos vindeiros días, iremos dando conta de máis obras e máis servizos que estamos a levar a cabo grazas á colaboración do plan da Xunta de Galicia”.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...