HomesociedadeMonforte reivindica no 25N "Que non nos cale o machismo"

Monforte reivindica no 25N “Que non nos cale o machismo”

A concentración do 25N na cidade do Cabe tivo lugar na rúa Cardeal ás 12:30 horas, e tras a lectura do manifesto seguiu a representación da performance “En pé” a cargo de Laura Naveira. O acto rematou co reparto dun paraugas conmemorativo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou hoxe o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dentro da campaña de sensibilización baixo o lema “Que non te cale o machismo”, organizada pola Concellería de Muller e Igualdade organiza, a través do Centro de Información á Muller (CIM).

Ás 12:30 do mediodía, a Concentración convocada na rúa Cardeal encheuse de cidadáns, que acompañaron a gran parte da Corporación municipal. Da lectura do manifesto encargaríase a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

Tras ela, tivo lugar a Performance “En Pé”, performance de temática feminista creada por Laura Naveira que, a través da mímica, danza e expresión corporal tivo como obxectivo concienciar e visibilizar a discriminación e violencia contra as mulleres, así como a necesidade de implicación da sociedade na loita contra a violencia  machista e a importancia do apoio ás vítimas.Nesta performance actuaron tamén Violeta Torres e Rebeca Lourido. As 3 desenvolveron diversas actuacións ó longo do día en diversas localizacións de Monforte.

A Concentración na rúa Cardeal rematou co reparto de material de sensibilización, concretamente paraugas e chapas con lemas da campaña, entre as persoas asistentes. Pola noite, a Torre da Homenaxe iluminábase de cor malva, para conmemorar este día internacional contra a violencia de xénero.

Ao respecto desta conmemoración o BNG presentaba no pleno de outubro unha moción para impulsar compromisos económicos e orzamentarios que garantan a atención ás vítimas da violencia machista. O acordo, que saiu adiante cos votos do BNG e PSOE e os votos en contra do PP, constaba de 4 puntos:

  1. Expresar rexeitamento ante discursos negacionistas da violencia machista, apoiar as demandas do feminismo galego e apoiar as convocatorias do 25 de novembro de 2023.
  2. Instar á Xunta de Galicia a incrementar os recursos destinados a combater a violencia de xénero nos orzamentos de 2024, situándoos polo menos no 1% do total.
  3. Esixir á Xunta de Galicia maiores esforzos na prevención e loita contra a violencia sexual, acelerando a aplicación de acordos parlamentarios e promovendo unha campaña específica no ámbito educativo.
  4. Demandar á Xunta a aprobación dun programa de ampliación e extensión dos Centros de Información á Muller (CIM) mediante medidas como o aumento da axuda económica, establecendo cocientes mínimos de persoal, e ampliando o persoal acreditado para incorporar novos perfís.

Texto do Manifesto

Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da violencia contra as mulleres.

Segundo a ONU, o 30% das mulleres maiores de 15 anos ou máis, foron vítimas de violencia física ou sexual, alo menos unha vez na súa vida.

Estamos vendo un incremento exponencial nas violacións por parte de menores, e temos que facernos unha pregunta:

¿En qué estamos fallando coma sociedade?

Entendemos que a resposta é difícil. Non é so un motivo, senón un conxunto de situación que soamente con educación e empatía cos demais poderemos revertir.

Segundo dato de balance de criminalidade do Ministerio do Interior do Goberno de España, no primeiro semestre de 2023, denunciáronse en España 2.307 violacións, é dicir, unha cada dúas horas.

A violencia de xénero non é so unha violación dos dereitos humanos, senón que constitúe un serio obstáculo para o desenvolvemento dunha democracia plena, dado que a igualdade entre mulleres e homes está no corazón mesmo de calquera forma de sociedade libre.

Este ano, as mulleres de todos os rincóns dicimos: Acabouse tolerar en silencio abusos que aínda forman parte da cotidianeidade, que presentan como comportamentos naturais o que en realidade son manifestacións do machismo e do patriarcado.

Loitar contra a violencia de xénero é investir na vida dos nosos nenos e nenas, e na vida das mulleres, para facer un pais de persoas libres e iguais.

Non me queda máis que agradecer a vosa presencia aquí, e como di o lema da campaña deste ano “Que non te cale o machismo”, “Que non nos cale o machismo”!

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...